Xulio López
Nado no pobo de Partovia (O Carballiño) no ano 1971, o seu interés fotográfico xurdir, hai algúns anos, da necesidade vital de manter vivas no tempo as imaxes que se reflectían nos seus ollos.
Con esta sinxela máxima defínese a sí mesmo como un fotógrafo conceptual, paixoal e intimista, que intenta rexistrar o seu entorno coa única motivación persoal desta permanencia das imaxes máis alá da lembranza esquecida.
Ningunha luz lle é cega, ningunha forma imposible. A súa mirada despístase do obvio, diseccionando realidades a outros ocultas. Desde a frugalidade formal plasma densos contidos, acaso por angustiosos, acaso por contundentes, outrora desde a denuncia e o compromiso, reivindicándose coma un artista pulcro que, desde unha aparente contención, implica ó espectador en viaxes serenas, cando non en labirintos lúdicos, non exentos de acenos cómplices.
Habituados a observar pretensións máis ou menos dixeribles, torpes incursións de profanos da linguaxe fotográfica, ou cladividentes exaltados de difícil cualificación, o seu selo é, porén, sinónimo de rigor e calidade, dominando os procesos desde o revelado convencional, ás máis avanzadas técnicas de captación, tratamento e impresión de imaxes.
www.xuliolopez.com
www.imaxes.org
xuliolopez@imaxes.org